As enfermeiras galegas séntense aínda máis "queimadas" que no resto de España

Unha enquisa do sindicato SATSE reflicte que a maioría entende que os recortes provocaron peor atención aos pacientes.


|

Enfermeriasangre


Sete de cada dez profesionais de enfermería en Galicia sofren a síndrome do profesional "queimado" e oito de cada dez, estrés. Ademais, practicamente todas as enfermeiras consideran que o ambiente laboral se deteriorou nos últimos anos e 8 de cada dez están convencidas de que a atención que se presta aos pacientes no Sistema Sanitario empeorou.


Estas son algunhas das principais conclusións en Galicia do Estudo "Percepción de estrés nos Profesionais de Enfermería en España. Comparativa 2012-2017", que elaborou o Sindicato de Enfermería, SATSE, grazas á opinión reflectida polo colectivo a través dunha enquisa realizada a enfermeiras en activo de todo o país durante os meses de febreiro e marzo. Nel móstrase que os datos en Galicia son peores, en xeral, que a media española.


Na súa presentación, a Secretaria Autonómica de SATSE en Galicia Carmen García Rivas, explicou que o principal obxectivo do estudo foi realizar un diagnóstico sobre a situación actual dos profesionais enfermeiros (saúde, condicións laborais...) e do noso sistema sanitario, así como a súaevolución nos últimos anos despois dos recortes en recursos humanos e materiais sufridos en todos os servizos de saúde.


RESULTADOS


Os principais resultados do estudo son que oito de cada dez profesionais (81,25%) séntese estresado, sete de cada dez (70,83%), "queimado" e sete de cada dez (70,83%) sofre esgotamento emocional. Así mesmo, moitos profesionais manifestan doenzas e síntomas físicos, Por exemplo, un 97,83% padece tensión muscular; un 93,62%, nerviosismo, temor ou angustia; un 52,5% sofre problemas sexuais, e un 89,36% ten trastornos do sono.


Galicia         España        
Empeoraron as túas condicións de traballo nos últimos anos a consecuencia dos recortes? 97,92% 89%
Séntense estresados 81,25% 80%
Séntese "queimado" 70,83% 51%
Agotamento emocional 70,83% 71%
Tensión muscular 97,83% 96%
Nerviosismo, temor ou angustia 93,62% 90%
Problemas sexuais 52,5% 44%
Trastornos do sono 89,36% 85%
A atención aos pacientes empeorou 85,42% 72%
Non hai persoal suficiente 87,50% 81%
Non dispón de tempo suficiente na xonrnada laboral para atender os pacientes como desearía 85,42% 83%
Empeoraron as súas condicións de traballo97,92% 89%
O ambiente laboral deteriorouse 95,83% 86%


relacionada España ten a metade de enfermeiras por habitante que os países da nosa contorna
relacionada Catro de cada dez agresións a profesionais sanitarios son a enfermeiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE