'Soul Maxín' e 'Astrogirl' gañan o concurso de bandas emerxentes 'Outra+Outra'
O certame organízao a Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Deputación da Coruña.
Astrogirl. Foto: Facebook
As formacións 'Soul Maxín' e 'Astrogirl' resultaron vencedoras da final do concurso de bandas emerxentes 'Outra+Outra', organizado pola Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Deputación da Coruña.
A Sala Capitol de Santiago acolleu o pasado xoves a final deste concurso, na que participaron como finalistas cinco agrupacións coruñesas: Astrogirl, Adhara and Ritman, En casa del Herrero, Maneida e Soul Maxín.
Tras presentar o seu repertorio durante aproximadamente 20 minutos, o xurado, composto por programadores de salas de concertos de Santiago, outorgou o primeiro premio á banda compostelá Soul Maxín. O segundo premio foi para Astrogirl, un proxecto da artista María Jesús Cabana.
O outro prato forte do evento foi a actuación da galega Marta Fierro, coñecida como EME DJ, unha das dj máis importantes da escena indie-disco en España.
Escribe o teu comentario