A designación do novo fiscal xeral do Estado levará polo menos dúas ou tres semanas

|

MazanavajasLuis Navajas, á esquerda na imaxe.


Luis Navajas, tenente fiscal do Tribunal Supremo, farase cargo en funcións da Fiscalía Xeral do Estado ata que se produza a substitución de José Manuel Maza, falecido este sábado de forma repentina en Bos Aires, nun proceso que se prolongará non menos de dúas ou tres semanas.


Navajas traballou de xeito conxunto con Maza na actuación da Fiscalía contra o desafío soberanista catalán e acompañou ao fiscal falecido na presentación das querelas.


O tenente fiscal terá que asumir a Fiscalía Xeral do Estado en funcións mentres o Goberno inicia os trámites preceptivos para a substitución de Maza, que comeza coa elección da persoa máis adecuada para o cargo, unha procura que non é tarefa fácil e que o Executivo centrará nos xuristas españois de recoñecido prestixio e con máis de quince anos de exercicio efectivo da súa profesión.


Amplía esta información en Pressdigital.


relacionada Falece o fiscal xeral do Estado José Manuel Maza aos 66 anos por unha infección renal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress