O estadio de San Lázaro alberga a nova sede da Federación Galega de Fútbol

|


Fdxsz

Fachada do estadio San Lázaro. 


O estadio de San Lázaro de Santiago alberga desde o domingo a nova sede da Federación Galega de Fútbol. A futbolista Veronica Fenda e o ex xogador Amancio foron os encargados de inaugurar o novo reciento, con máis de 2.000 metros cadrados de superficie.


Ao acto asistiron diversas personalidades da política e o mundo do deporte como o alcalde da capital galega, Martiño Noriega, o presidente da Federación Española de Fútbol Juan Luís Larrea ou o adestrador e exseleccionador da selección galega Fernando Vázquez.


Tal e como explicou o presidente da RFGF, Rafael Louzán, o plan inicial era construír unha nova sede na Coruña, por un investimento de cinco millóns de euros, algo finalmente descartado porque "non estaba en consonancia co que se quería facer". Doutra banda, Louzán agradeceu ao Concello de Santiago a cesión das instalacións do estado de San Lázaro por 50 anos e adiantou que "probablemente" a selección rexional manteña un encontro amigable na capital galega o próximo ano.


Pola súa banda, Noriega ha resaltado o valor do deporte como un "transmisor de valores" e que o fútbol é unha parte importante da cidade compostelá. Sobre as instalacións afirmou que ademais servirán para acometer as "obras de reestrutura dun estadio que xa ten os seus anos e expuña moitísimos problemas"


A madriña, Verónica Fenda, que viaxou desde París exclusivamente para a inauguración, afirmou que lle facía "especial ilusión" inaugurar a sede na súa cidade. A xogadora do PSG destapou xunto a Amancio, ex xogador de Real Madrid e Deportivo da Coruña, a placa conmemorativa da inauguración das instalacións.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress