Galicia é das comunidades que menos gastará durante o 'Black Friday'

|

Blackfriday


Antes das compras do Nadal de rigor, en España instalouse desde hai uns anos a tradición estadounidense do 'Black Friday'. Durante este período, os comercios rebaixan os seus produtos favorecendo as vendas, aínda que son as compras online as que disparan o gasto nos fogares españois. Durante o 'Black Friday', que se celebrará a semana que vén, os galegos son os terceiros que menos se gastan de media, cun gasto por persoa de 170 euros, un 25% menos que a media nacional.


Por detrás de Galicia sitúanse Estremadura con 170 euros e Castela e León con 155 euros segundo os datos do III Observatorio de 'Black Friday', realizado por Worten e GfK. No outro lado da balanza, A Rioxa con 297 euros, Aragón con 277 e Canarias con 271 euros de gasto copan o podio.


A media nacional elévase ata os 222 euros, xerando un incremento na facturación do 3,4%. O 70% dos internautas comprarán algún produto aproveitando as ofertas, un 4% máis que o ano pasado. Esta xornada de descontos está a consolidarse como o momento de compra máis importante do ano, onde o 47% dos internautas recoñece que adiantará as súas compras de Nadal.


En canto aos produtos, os electrodomésticos, os artigos de lecer e de alimentación son os que máis se consumirán este ano, mentres que baixan os produtos de moda ou telefonía. Con todo, os produtos de moda seguen sendo os artigos preferentes nas compras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress