Os ex traen de cabeza ao Celta

O Sevilla remonta o tanto inicial de Maxi Gómez con dous cabezazos de Muriel e Nolito.


|


23622005 10154934003261969 2254613801993487756 n

Lobotka e Nolito disputanto un balón. Foto: RC Celta


Tarde de reencontros en Sevilla. O Celta de Vigo víase de novo as caras con dúas persoas moi queridas por Balaidos: Berrizo, técnico culpable dunha das mellores estapas da histórica recente do conxunto celeste; e Nolito, un dos nomes máis coreados pola afección celeste nos últimos anos antes de caer nas redes do City de Guardiola. E, curiosamente, técnico e xogador foron os encargados de ajusticiar ao que fose o equipo dos seus amores. Un cabezazo do gaditano ao comezo da segunda parte puxo o 2-1 definitivo no marcador, remontando o tanto inicial de Maxi Gómez, igualado máis tarde por outro croque de Muriel.


E iso que prometía a noite andaluza para o Celta. Primeiro cunha gran intervención de Rubén aos dous minutos de xogo, salvando os mobles nun man a man. E aos dez minutos, Sisto bota unha falta desde o medio campo que se converte nunha asistencia (outra máis na conta do danés) grazas ao cabezazo inverosímil de Maxi Gómez, que se coou na meta dun Soria que talvez podería facer máis por paralo.


Pero sería a última boa acción do charrúa, que puido acabar o partido como pichichi da liga, pero o seu pouco acerto terminou por condenalo a el e ao Celta. Mentres, os galegos achicaban a auga como podían ante un Sevilla envorcado, comandado por un 'Mudo' Vázquez eléctrico. Ata tres tivo o arxentino sen a sorte do gol. O que si tivo gol foi o colombiano Muriel, a fichaxe máis cara da historia sevillista, rematando á rede unha falta colgada desde a dereita. O empate chegou á media hora de xogo, momento na escuadra olívica empezaba a acusar unha certa desorde defensiva.


Xa na segunda parte, a primeira acción terminou por decantar a balanza en favor dos andaluces. Outra vez un centro desde a dereita serviu para que Nolito, só no segundo pau, conectase un croque inapelable para facer o definitivo 2-1. Unha patada ao rotulo publicitario foi toda a celebración dun xogador frustrado polo nivel exhibido ata a data e por ser o verdugo do equipo que o levou á elite. A partir do gol, o Celta foi máis forza e decoro que fútbol, pero o nove uruguaio seguía co cañon desviado. Dúas ocasións súas claras fóronse ao limbo, xunto a outro fallo garrafal do 'Tucu' e un croque de Cabral que desviou Soria. A pesar de tentalo, chegouse ao asubío final sen máis cambios no tenteador.


Tres puntos que quedan en Nervión á espera de que o Liverpool chegue o martes. Pola súa banda, o Celta regresa a casa cunha oportunidade perdida e máis lonxe da pelexa por Europa. Con 14 puntos son duodécimos na táboa, sen correr perigo polo descenso. Pero hai que empezar a pensar en traballar máis na orde defensiva, unha cuestión máis mental que física. Como os goles no Sánchez-Pizjuán, todo está na cabeza.


Ficha técnica:

Sevilla CF: Soria; Corchia (Kjaer, min.75), Geis, Lenglet, Escudeiro; Pizarro, N?Zonzi; Sarabia, Vázquez (Banega, min.64), Nolito (Krohn-Delhi, min.84); Muriel.


RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral (Brais, min.78), Jonny; Lobotka (Radoja, min.69), Tucu Hernández, Wass; Iago Aspas, Maxi Gómez, Sisto (Guidetti, min.78).


Goles: 0-1, min.13; Maxi Gómez; 1-1, min.36: Muriel; 2-1, min.49: Nolito.


Árbitro: Do Cerro Grande, do comité madrileño. Amoestou con amarela ao local Corchia e ao visitante Iago Aspas.


Incidencia: Estadio Sácnhez-Pizjuán de Sevilla. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE