Os espazos verdes buscan o seu oco nas cidades do futuro

O Concello da Coruña apoia a iniciativa 'Agra-Cultura', dirixida á "renaturalización" da cidade.


|


Huertourbano



A Concellería de Medio Ambiente da Coruña apoia, a través da última convocatoria de axudas Cultura Ambiental, o desenvolvemento de Agra-Cultura, unha iniciativa de promoción cultural, renaturalización e potenciación da biodiversidade en espazos urbanos que impulsa a ONG Ecos do Sur.


O proxecto propón a construción de espazos de encontro e de participación cidadá a través da reconquista responsable da utilización dos recursos naturais e a recuperación de espazos verdes para os veciños.


Entre as propostas que desenvolverá Agra-Cultura, destaca Convivencia Verde, que ten como finalidade impulsar a participación, a colaboración cidadá e o voluntariado ambiental a través dun encontro interxeracional e aberto á cidadanía, sobre procesos de naturalización e cultivo ecolóxico en hortas urbanas.


A iniciativa tamén desenvolverá no mes de decembro os talleres gratuítos abertos a toda a cidadanía 'Macetohorta: unha horta na túa casa', co obxectivo de achegar boas prácticas para a creación de hortas en domicilios particulares a través do uso das terrazas ou balcóns das casas dunha maneira sinxela, accesible e económica. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE