Iluminación multicolor polos dereitos das persoas transexuais

A sede da Deputación de Pontevedra ilumínase este domingo en memoria das vítimas da transfobia e o odio.


|

Banderatrans


A sede da Deputación de Pontevedra ilumínase a partir das 20,00 horas deste domingo, día 19 de novembro, coas cores da bandeira transexual para reivindicar os dereitos destas persoas con motivo do Día Internacional da Memoria Trans.


Nun comunicado, a institución provincial lembrou que esta xornada se celebra desde hai anos cada 20 de novembro para lembrar a memoria das persoas que foron asasinadas vítimas da transfobia e do odio irracional debido ao prexuízo daqueles que considerar que traspasar as fronteiras do xénero merece a morte.


Con esta acción, a Deputación de Pontevedra únese ás reivindicacións da Asociación Arelas e Amizando, que velan polo respecto aos dereitos humanos das persoas transexuais e denuncian a situación de desigualdade que viven.


Na edición de 2016 este día foi reivindicado en máis de 180 cidades e máis de 20 países de Europa, América do Norte, África e Oceanía. E é que, segundo a Plataforma Trans, entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2016 foron rexistrados 2.343 homicidios de membros do colectivo en 69 países.


relacionada Galicia crea unha unidade sanitaria para atender a menores transexuais
relacionada A oposición rexistra un borrador de lei galega de identidade de xénero
relacionada Asociacións LGTBI convocan en Santiago unha manifestación polo "dereito a ser e a existir"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE