O sector galego das renovables e o da automoción miran a México

O conselleiro de Economía visitou o país centroamericano para impulsar lazos comerciais en sectores estratéxicos.


|

Automocion


O conselleiro de Economía, Francisco Conde, concluíu a súa viaxe institucional a México con novas expectativas para impulsar lazos comerciais en sectores estratéxicos para Galicia como o 'contract', a automoción e as enerxías renovables.


Así o asegurou tras manter unha reunión co director xeneral adxunto de enerxías renovables da Secretaría de Enerxía, Luis Alfonso Muñozcano, no terceiro e último día de estancia no país.


Xunta e Goberno de México acordaron a creación dun grupo de traballo para explorar novas oportunidades de cooperación en ámbitos como a biomasa, a xeotermia ou o biogás. Conde subliñou que será o Instituto Enerxético de Galicia quen coordine esta iniciativa para desenvolver as liñas de actuación conxunta.


"Galicia mira hoxe a México desde unha óptica empresarial", sentenciou, antes de salientar que a Xunta traballa para incrementar as exportacións e o investimento entre ambos os países.


NOVOS NICHOS DE NEGOCIO


Conde adiantou que Galicia acollerá unha xornada para identificar novos nichos de negocio para as empresas galegas e mexicanas; e sinalou que na reunión co ministro de Economía mexicano, Ildefonso Guajardo, coincidiron na necesidade de aproveitar as sinerxias e "estreitar aínda máis" os vínculos comerciais e de investimento xa existentes.


No caso do 'contract', considera que as oportunidades que se lle abren no país son "moi importantes", sobre todo vinculadas ao desenvolvemento do sector turístico.


relacionada O millonario ourensán amigo de Slim revela os seus vínculos co poder político de México
relacionada Pemex renuncia ao seu prometido desembarco no porto exterior coruñés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE