O Sergas distribúe cada día case 10.000 entregas de material aos centros sanitarios

|

AlmacensanitarioAlmacén sanitario.


A plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde xestiona anualmente 2,5 millóns de solicitudes de material, isto é, prepara e distribúe unha media de 9.847 entregas por cada día laborable.


Ademais, cada día laborable, esta plataforma recibe 1.744 entregas de produtos das empresas de provedores, ao redor de 450.000 entregas cada ano.


Son datos presentados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, incluídos no balance do servizo loxístico integral e da plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situada en Negreira.


Actualmente, entre as liñas de actuación destaca implantar a plataforma en novos centros como 061, Galaria, Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e servizos centrais.


UN ALMACÉN CENTRALIZA AS ENTREGAS


O servizo loxístico e a plataforma loxística do Sergas conta cun único almacén de produtos no que traballan 161 persoas. O investimento na edificación, na súa dotación e no sistema de información superou os 15 millóns de euros, de acordo cos datos que achegou. A empresa adxudicataria é Servicio Móvil, con sede nas Pontes.


A plataforma permite, segundo reivindicou, un coñecemento "máis preciso" e unha xestión automatizada e informatizada das necesidades das unidades de consumo e un "maior control" das existencias tanto nos almacéns das unidades de consumo como no almacén central da plataforma, posibilita reducir o nivel de stock e reducir as perdas ocultas (por caducidade, obsolescencia de produtos, existencias innecesarias).


Igualmente, hai un maior control da caducidade e da temperatura dos produtos, tanto na recepción, como no almacenamento e na distribución. Existe, tamén, unha trazabilidade dos materiais desde a súa compra, o que posibilita o control en todo o proceso.


INICIO DA PLATAFORMA


Comezou a operar en xuño de 2013 e desde finais de 2015 atende a todos os centros sanitarios públicos da comunidade autónoma. Esta plataforma conta cun almacén único de produtos no que se reciben a maioría dos produtos sanitarios e non sanitarios que precisan os centros sanitarios para a súa xestión.


Fornece xa a un total de 2.762 unidades de consumo localizadas en 688 centros (hospitais, PAC, centros de saúde, consultorios e residencias).


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress