Humoristas rusos conseguen falar con Cospedal facéndose pasar por un ministro de Letonia

"É importante que se coñeza toda a verdade", dixo sobre a posible colaboración rusa co goberno catalán cesado.


|

Cospedal 1A ministra de Defensa fala dun encontro bilateral.


A axencia de noticias rusa Sputnik difundiu unha broma da que foi vítima a ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, na que dous humoristas que se fan pasar por membros do Ministerio de Defensa de Letonia a informan de que Puigdemont é un espía ruso alcumado 'Cipollino'.


Na conversación, un dos humoristas ofrécese a Cospedal a compartir con ela información dos servizos de intelixencia de Letonia sobre o papel de Rusia no conflito catalán.


Ao longo da conversación, a ministra de Defensa, agradece a información recibida e comprométese a trasladarlla a Mariano Rajoy, co obxectivo, mesmo, dun posible encontro persoal. "É importante que se coñeza toda a verdade", di Cospedal sobre a posible colaboración rusa co ex Govern catalán.


Amplía esta información en Pressdigital.


relacionada O PSOE reclama tratar a porta pechada a suposta inxerencia rusa no 21D
relacionada Rajoy asegura que a suposta inxerencia rusa non afectará as eleccións catalás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE