O CNI contactou co imán de Ripoll en 2014 durante a súa estancia en prisión

|

Victimasrambla


O imán de Ripoll, o principal cerebro dos atentados de agosto na Rambla de Barcelona e na localidade de Cambrils, foi contactado polo CNI cando cumplica condena en Catellon por tráfico de drogas no ano 2014.


O contacto realizouse "seguindo os protocolos" segundo apuntan desde o servizo de intelixencia. O imán, falecido a noite antes dos atentados en Barcelona na explosión da casa de Alcanar, onde os yihadistas acumularan material explosivo co fin de causar un dano maior, aparecía en sumarios xudiciais pola súa presunta relación co yihadismo. Aínda que, desde o CNI, correron a confirmar que o contacto co imán non foi en ningún caso como confidente.


Abdelbaki Es Satty foi condenado a catro anos de cárcere en 2010 por tráfico de haxix e cumpriu condena en 2014, data na que foi posto en liberdade. Doutra banda, Es Satty contaba con outra condena por lesións do ano 2006 e outro contra a administración de xustiza que cometería no País Vasco dous anos antes.


Amplía a información en CatalunyaPess.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress