A Cidade da Cultura convida os cidadáns a realizar plantacións simbólicas de árbores

|

Plantacionarbol


O programa 'Ponnos Verde', impulsado pola Fundación Cidade da Cultura, convida a cidadanía galega a protagonizar plantacións simbólicas de árbores no Bosque de Galicia, con motivo da segunda fase do proxecto iniciada o pasado mes de agosto.


En concreto, o obxectivo é animar aos interesados a que, tanto de forma individual coma en grupos, acudan os sábados pola mañá a realizar estas plantacións para "seguir enchendo de vida as ladeiras do Gaiás" achegando a cidadanía ao proxecto e difundindo valores de conservación ambiental.


Estas tarefas "simbólicas" arrincarán en decembro e estenderanse durante todos os sábados ata o día 24 de marzo, coa excepción da época de Nadal (o 23 de decembro e o 6 de xaneiro).


Cada xornada contará con dous grupos organizados de 25 persoas en quendas ás 10.00 e as 12.00 horas, onde tamén poderán realizar un percorrido polos terreos do Bosque de Galicia e obterán un diploma acreditativo da súa contribución.


Esta segunda fase do proxecto supoñerá a ampliación en 10 hectáreas e 4.500 árbores de especies autóctonas nos arredores da Cidade da Cultura, que contará así cunha superficie total de 34 hectáreas e 12.000 árbores. Os traballos rematarán na primavera de 2018, segundo as previsións da Xunta.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress