Dani Mallo anuncia a súa retirada: "Sen dramas, sen focos, sen flashes"

|


Danimallo 1

Con esta imaxe Dani Mallo di adeus ao mundo do fútbol


O gardameta coruñés Dani Mallo anunciou hoxe mesmo a súa retirada como xogador profesional a través das súas redes sociais, "sen dramas, sen focos, sen flashes". Tras vinte anos de carreira futbolística, Mallo decidiu colgar as súas luvas agradecendo a todos os seus compañeiros e adestradores o seu paso polo fútbol.


A carreira de Dani Mallo comezou no filial do Deportivo, o Fabril, en 1997, e pasou a formarse no equipo branquiazul a partir de 2001. No Deportivo, o porteiro alzaríase cunha Copa do Rey e unha Supercopa, para despois continuar a súa carreira profesional nunha gran variedade de equipos. Mallo pasou polo Elche, o Sporting Braga portugués, o Falkirk escocés, o Xirona, o Lugo e o Albacete. As súas andanzas no panorama futbolístico leváronlle ata a India, onde gañou co Atlético de Kolkata a Súper Liga.



Danimallo2


Na actualidade, atopábase xogando no equipo do L?Hospitalet, e é aquí onde decidiu anunciar a súa retirada. Mallo pecha unha longa e importante etapa da súa vida, e en palabras do propio gardameta, igual que chegou, se foi. "Ata pronto fútbol! Ata sempre fútbol!"

relacionada O Celta recupera os internacionais e xa comeza a pensar no derbi
relacionada Fabian Schär: "Hai calidade para estar entre os dez primeiros"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress