Viaqua únese á campaña "Galicia en Negro" contra a violencia machista

|


Viaqua 1


A campaña contra a violencia machista "Galicia en Negro", que se celebrará do 23 ao 26 de novembro, contará por segundo ano con o apoio de Viaqua naqueles concellos galegos onde teña presenza como empresa concesionaria do servizo de auga.


A compañía expresa o seu total rexeitamento contra a lacra social que supón o machismo, e únese á mensaxe de denuncia e solidariedade que se manifestará durante a campaña en defensa dos dereitos da muller.


Como símbolo de apoio á causa de "Galicia en Negro", Viaqua tinguirá de negro o seu logotipo azul nas súas oficinas de atención ao cliente. Esta acción tamén terá lugar no logo de todos os seus soportes dixitais e nas súas comunicacións vía email, así como nos seus vehículos, que lucirán o logo da sensibilización pola eliminación da violencia machista. Viaqua tamén estenderá esta clase de condutas reivindicativas ao longo de todas as súas redes sociais.

relacionada Lara Méndez: "As mulleres non morremos, mátannos"
relacionada Viaqua e o Concello reforzan en Ourense as medidas de aforro de auga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress