Detido por golpear á súa parella e ameazar de morte a ela e aos seus fillos

|

016machismo


A Policía Local de Vigo arrestou por un delito de violencia de xénero de 40 anos despois de, supostamente, golpear á súa parella e ameazar á muller e aos seus fillos de morte.


O home, que responde as iniciais J.J.F.G, foi detido ás 22:20 horas do mércores, cando a Central de Información e Mando recibiu o aviso de que un home agredira a súa parella na rúa Torrecedeira.


Os axentes desprazáronse ao lugar e unha muller pediulles que lle "sacasen ao home de encima". Ademais, declarou que pouco antes discutiran e el golpeouna e ameazou de morte tanto a ela como aos seus fillos. O home, que negou os feitos, foi separado e, posteriormente, detido, despois de que unha testemuña confirmase a versión da vítima. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress