Detido un condutor lucense que cuadriplicaba a taxa de alcoholemia

O detido, de 60 anos, foi arrestado na Praza de Bretaña tras realizar "manobras antirreglamentarias".


|


CONTROLESALCOHOLEMIApng1


A Policía Local e Lugo interceptou durante a madrugada deste xoves a un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol máxima permitida nunha proba por aire aspirado. O detido, de 60 anos, foi sometido á proba de alcoholemia despois de realizar varias "manobras antirreglamentarias".


Os feitos sucederon ás 3:15 horas da madrugada, na Praza de Bretaña na capital lucense. O home, identificado como A.C.L.V, presentaba "signos evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas".


Tras comprobar que presentaba signos de atoparse en estado de ebriedade, trasladouse ao lugar unha dotación da Unidade de Atestados, que realizou as probas de alcoholemia ao condutor, nas que obtivo resultado positivo de 1,13 e 1,10 miligramos de alcol por litro de aire aspirado. Por mor deste resultado, o condutor foi citade para xuízo rápido como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, segundo indican as fontes policiais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE