A frustración dun mariño

Carmen P. Flores

Artur mas juicio 3 1


"Podo fabricar un éxito, cando quero e cando se dan os requisitos necesarios, e sempre se dan, dicía, e podo fabricar igualmente un fracaso total, cando se dan os requisitos necesarios e sempre se dan: se son o primeiro en gritar bravo ou o primeiro en asubiar", dicía o político e escritor austríaco, Thomas Bernhard.

"Son o principal responsable deste proceso, pero non o único, ata o 10 de xaneiro de 2016", dixo Artur Mas, en Madrid, no transcurso dunha mesa redonda. Con esta afirmación, non tan sorprendente, o ex presidente e principal impulsor do proceso, a súa folla de ruta e todo o que veu despois, desmárcase do mesmo, agora que veñen  as cousas mal dadas. Sen dicilo, apunta a Puigdemont, Junqueras e a compañía de insensatos que seguiron nese carril que el construíu e que só levou á fractura, social, económica, política e ao desprestixio das institucións e os seus representantes.


Toda unha lección de como alguén pode lear un boureo e logo saír dicindo que o non é o responsable e pretender irse de rositas.


Din que o home move o mundo, igual que a vaidade. Agora ben, a soberbia e a arrogancia moven o mundo a través da manipulación e o beneficio propio. Soberbia e arrogancia é o que lle sobrou a Artur Mas e faltoulle sensatez, humildade, sentido da responsabilidade, e ter os pés no chan, e non nun soño onde exercía de capitán para conducir o barco á súa "Ítaca particular", nunha travesía que prometía con augas mansas, pero o mar, como elemento da natureza é incontrolable.


Agora que as cousas se poñen feas, que non se produciu ese recoñecemento e defensa do seu "proxecto", é a hora de aplicar aquilo, "unha retirada a tempo, pode ser unha vitoria". 


O indignante do tema é que nesta batalla que se está librando, hai demasiados damnificados, feridos nos seus sentimentos, cun larguisimo período de tempo que vai levar curar as feridas. A xente séguese preguntado e agora que? como arranxamos o tema? quen debe responabilizarse deste desaguisado? Unha moi boa pregunta que non vai responder Don Arturo, el só pasaba por alí.


"Hai que investir primeiro en educación, segundo en educación e terceiro en eduación. Un pobo educado ten as mellores opcións na vida e é moi difícil que o enganen os corruptos e mentireiros". Así o definía José Mújica, o ex presidente de Uruguai , un político atípico pola súa honestidade, dedicación e austeridade, principios que nunca abandonou na súa etapa de mandatario.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress