Dous meses de "exilio farmacéutico" na procura dun medicamento contra arritmias

O PSdeG achaca á Xunta de "falta de vontade" para que os doentes galegos non teñan que ir a Portugal en busca do Trangorex.


|

Farmaciamedicamentos



O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, responsabilizou hoxe á falta de planificación da Xunta de Galicia do desabastecemento de Trangorex, un medicamento utilizado para o tratamento de arritmias graves. No debate dunha pregunta en Comisión, sinalou que esta situación condena as persoas maiores usuarias deste fármaco ao "exilio farmacéutico", ao ter que ir ata Portugal para conseguilo.


O deputado socialista lembra que un caso similar ocorreu "cos pais e nais de menores no caso da vacina para a meninxite B, obrigados a cruzar a fronteira para conseguir a súa dose". Nesta liña, critica que a Xunta responda que "non se pode facer nada", demostrando unha deixamento "desolador", dixo, e asegurando non ter constancia de problemas persoais pola falta de subministración.


Torrado destacou que o goberno galego recoñeceu que "non pode garantir, dous meses despois de detectar o problema, que se repoña a subministración, e admite depender das decisións da farmacéutica".


Advertiu que "non pode ser que demostren unha dolorosa falta de vontade á hora de facer ningún esforzo para cambiar a política farmacéutica, limitándose a trasladarlle toda a responsabilidade ao Ministerio".


CÓMPLICE


O deputado socialista acusou o goberno galego de situarse como cómplice, por omisión de socorro, do problema de abastecemento" deste fármaco nas farmacias galegas. Advirte que o control no abastecemento de medicamentos supón "un problema para a cidadanía que sofre os erros e o deixamento de funcións do goberno, que os somete na incerteza e dificultade de non saber a que aterse e como tratar as súas doenzas".


relacionada As farmacias galegas, desabastecidas dun medicamento contra a arritmia cardíaca
relacionada As vacinas contra a meninxite seguen chegando ás farmacias "a contagotas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE