Exportarase leite condensado desde Pontecesures a distintos países de Oriente Medio

Emiratos Árabes, Bahréin, Kuwait ou Catar son algúns dos países que recibirán o produto galego


|


Nestle


A fábrica de Nestlé de Pontecesures, en Pontevedra, deu inicio á produción dos primeiros botes de leite condensado que se exportarán a diversos mercados de Oriente Medio, como Emiratos Árabes, Bahréin, Kuwait, Omán, Catar e Arabia Saudita.


A previsión de Nestlé España ao redor da produción láctea desde a factoría de Pontecesures e para 2018 rolda as 9.500 toneladas de leite condensado, o que supón un 20% do volume total da produción. Doutra banda, para este 2017 estiman a elaboración de 40.000 toneladas de leite condensado, leite evaporado, doce de leite e cocido de leite,  das que ata un 50% expórtase a distintos países de Europa.


A compañía destaca que a importante mellora de rendemento destinada á exportación a Oriente Medio débese ao incremento do 30% da capacidade da liña de proceso, que permite a elaboración de leite condensado a partir do leite fresco das principais explotacións galegas.

relacionada Os gandeiros galegos achéganse á media española do prezo do leite
relacionada O SLG estuda denunciar a "manipulación" dos prezos do leite

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE