Ponse en marcha un novo proxecto contra o desperdicio de alimentos

|


Comida 1


A Consellería de Medio Ambiente e o sector galego de hostalería acordaron este martes un novo convenio, que inicia un proxecto piloto de redución do desperdicio de alimentos mediante o aproveitamento de sobras de comida.


A iniciativa, á que se sumaron un total de 3.800 negocios hostaleiros, busca promover que os clientes se leven a comida non consumida dos locais, segundo confirmou a conselleira Beatriz Mato, co fin de evitar que os alimentos "se convertan en residuos".


Lovefood


Este proxecto xurdiu como resposta á alarmante cantidade de alimentos desperdiciados, que de acordo aos datos proporcionados pola organización das Nacións Unidas para a Alimentación e Agricultura (FAO), alcanza un terzo da produción de comida destinada a consumo humano. Isto xera, en consecuencia, un 8% de emisións de gases de efecto invernadoiro.


A Xunta prestará aos locais de hostalería apoio económico para a adquisición de fiambreras e bolsas ecolóxicas para a comida, e o proxecto en conxunto dispoñerá de 300.000 euros para mellorar a xestión de residuos e reciclaxe.

relacionada O sedentarismo e a comida chatarra disparan os casos de diabetes tipo 2 en nenos
relacionada O Banco de Alimentos de Vigo recolleu esta fin de semana 7.500 quilos de comida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress