Chega á Eurocámara a denuncia de incumprimentos no vertedoiro de Miramontes

O BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, denuncia distintas vulneracións legais da Xunta e o Estado.


|

Vertederosantiago


A portavoz do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, presentou a proposta de investigación aberta sobre a actividade do vertedoiro de Miramontes á Comisión de Peticións da Unión Europea, ante "as vulneracións" da Xunta e do Estado español fronte aos seus "continuos depósitos de residuos sen tratar no terreo".


A proposta foi apoiada polo portavoz municipal do BNG, Rubén Cela; a propia Ana Miranda; e a Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes, integrada por unha vintena de veciños de Grixoa que viven a uns 400 metros do depósito de residuos.


Todos eles reclaman o "incumprimento da normativa" ante un "problema do modelo de xestión de residuos que non só afecta a veciños de Grixoa ou a Santiago, senón a todo o país", tal e como considerou Rubén Cela.


DEMANDA ANTE O PLENO


Por este motivo, no próximo pleno municipal os veciños, co apoio do BNG, "demandarán ao Concello unha auditoría olfactométrica", así como "a aclaración sobre se o vertedoiro dispón de licenza de actividade" e "a reposición da 'sinaléctica' retirada", que indicaba a tonelaxe máxima permitida nas pistas rurais da parroquia, polas que "transitan os camións de residuos".


O BNG reclamou, ademais, á Xunta "copia das actas de inspección da planta desde o inicio da súa actividade".


INCUMPRIMENTO DA DIRECTIVA


Pola súa banda, Ana Miranda fixo especial incidencia no "incumprimento do Directiva Marco de Residuos", relacionado cos "sucesivos cambios na autorización do vertedoiro (máis de dez)" e co "incumprimento da valorización de residuos no punto máis próximo ao lugar onde se xeran".


Ao vertedoiro de Miramontes "chegan residuos procedentes de calquera municipio de Galicia", sostivo, entre "os industriais, orgánicos, sanitarios, veterinaios, lodos de depuradora, pilas e cristais", entre outros, como asegura.


VULNERACIÓN DOUTROS ASPECTOS


O vertedoiro vulnera tamén outros aspectos da normativa, como a obrigación de "peche perimetral" ou a "necesidade de medidas de seguridade que impidan o acceso ás instalacións". Así mesmo, "ten graves consecuencias polo impacto ambiental e a integración paisaxística".


Ana Miranda apunta que "faltan pantallas vexetais preceptivas", de tal maneira que "se toleran os arrastres líquidos que acaban directa e indirectamente en augas superficiais e subterráneas", apostila.


A portavoz da Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes, Rosa Díaz, sinalou, pola súa banda, as "molestias polo tráfico de camións" e o "nauseabundo cheiro pola contaminación dos chans e as augas".


Díaz resaltou a importancia do suceso contando que "os veciños deixaron de beber das fontes e empezaron a comprar auga embotellada por temor ás filtracións".


relacionada Clausurados cinco vertedoiros incontrolados nos montes de Padrón
relacionada Unha factura do lixo para que pague máis quen máis residuos xera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE