Lucas Pérez: "Andone é un gran dianteiro e ímolo necesitar"

O dianteiro coruñés só pensa en "gañar partidos" para o Dépor e que Lopetegui se fixe nel.


|

Lucasperezriazorpartido

Lucas Pérez, durante un encontro. Fonte: RC Deportivo


O esquema de xogo de Cristóbal afasta a posibilidade de que Lucas Pérez e Florin Andone compartan protagonismo no ataque do Dépor, unha situación "ingrata", tal e como recoñeceu este martes o dianteiro coruñés.


Lucas Pérez contou en rolda de prensa que fala "moito" con Andone. "O que lle podo transmitir é o que vivín eu o ano pasado. Ten que estar tranquilo e seguir traballando porque o necesitamos e ímolo necesitar ao longo do ano. É un gran dianteiro e sábeo. O grupo está con el", explicou.


Sobre a situación do equipo, valorou este parón ligueiro como unha marxe para a adaptación ao novo adestrador. "Cando chegou viñan tres partidos seguidos e agora podemos coñecer mellor as pautas de traballo do técnico, establecer máis confianza... vénnos ben a todos", argumentou.


Nesa liña, ve o Dépor cunha dinámica positiva. "Nós desde dentro sabemos que podemos gañar partidos tanto na casa coma fóra. Somos moi capaces".


E por esa melloría pasan as súas esperanzas de que Lopetegui se fixe nel: "Iso hai que gañalo. Lopetegui está a dar oportunidades aos xogadores que o están facendo ben, e espero gañalo".


Por iso, manifestou a súa alegría polo debut de Luis Alberto, ex compañeiro e bo amigo. "É o reflexo de facer un bo traballo no seu club. É un dos mellores da Serie A. Gañou de sobra esta recompensa", proclamou.


relacionada O Dépor comeza a preparar o exame ante o pechacancelas
relacionada Mosquera sobre o encontro contra o Málaga: "É un partido vital"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE