O CHUS implanta unha unidade de pé diabético para reducir á metade as amputacións

Os especialistas sinalan que "se pode previr" e é a segunda causa de amputación en España despois dos accidentes de tráfico.


|

Diabeteschus


O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) implantou a unidade multidisciplinar de pé diabético, un camiño que comezou hai uns meses co obxectivo de que o próximo ano 2018 se poidan reducir un 50% as amputacións derivadas desta enfermidade.


A posta de longo desta unidade xa se realizou en meses pasados en Barcelona pero, coincidindo co Día da Diabetes, deuse a coñecer a "relevancia" desta unidade, en palabras dos facultativos que a integran, posto que a mínima rozadura dun zapato nun enfermo de diabetes pode acabar en úlcera e amputación.


O pasado ano, 40 das 75 amputacións que se realizaron no hospital compostelán tiveron que ver coa diabetes (tanto amputacións maiores como menores). O obxectivo, como explicaron a xerente, Eloína Núñez, e os expertos facultativos, é reducir o 50 por cento destas actuacións con prevención.


O 70 por cento do total das amputacións son debidas a esta doenza, a segunda causa en España despois dos accidentes de tráfico.


"UNHA SIMPLE ROZADURA"


Na presentación da unidade estiveron, ademais de Núñez, o xefe de Servizo de Endocrinoloxía, Felipe Casanueva; o de Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Manuel Martínez; e persoal da unidade, como a endocrina Virginia Muñoz, a podóloga Lucía Aradas e a enfermeira Cristina Basoco. Trátase da primeira unidade multidisciplinar completa que se crea en Galicia, con dotación tecnolóxica específica e que abarca todo o persoal necesario para ofrecer unha atención integral, tal e como explicou o CHUS.


"Trátase de reducir ao máximo ou eliminar as complicacións polo pé diabético", manifestou o doutor Casanueva, quen ilustrou con que unha complicación pode supoñer que "o que era unha simple rozadura, leve a unha amputación". Por iso, esta unidade realiza traballos como ensinar a cortar as uñas para evitar que se craven nun pé, xa que os enfermos con esta doenza perden sensibilidade nestas extremidades e son máis propensos a ferirse sen sabelo.


Ademais do "problema" para o paciente, o doutor Martínez tamén se fixou no custo sanitario que supón unha complicación polo pé diabético, cando se pode previr".


Neste modelo, o paciente será atendido en consulta podolóxica especializada nun prazo de sete a dez días para a primeira consulta.


relacionada O sedentarismo e a comida chatarra disparan os casos de diabetes tipo 2 en nenos
relacionada A Federación Española de Diabetes denuncia a mala calidade das agullas en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE