Feijóo promete que a súa lei empresarial creará 800 empregos na minería

|

Feijoopizarrafabrica


O presidente da Xunta defendeu este martes o seu compromiso co sector da lousa e situou a quen están ligados co mesmo entre os beneficiarios da nova lei de implantación empresarial,  coñecida polos seus detractores como Lei de Depredación de Galicia, que "reducirá as trabas burocráticas para poder investir con seguridade e con respecto ao medio ambiente".


"Este sector pasará dunha media de seis ou sete anos para conseguir a instalación dunha canteira de lousa a un ano ou ano e medio; isto significa a activación da economía, do sector da lousa e máis emprego", sentenciou, durante unha visita ao Centro Tecnolóxico da Lousa e ás instalacións da fábrica Pizarras del Valle, na que tamén participou o titular de Economía, Francisco Conde.


A continuación, Feijóo afirmou que, para o conxunto da minería, a lei de implantación empresarial supoñerá a creación de 800 empregos e un incremento do 21 por cento na súa achega ao PIB.


MENOS PO DE SÍLICE


Como exemplo dos esforzos do sector no ámbito da innovación, o presidente destacou os esforzos por atopar a maneira de minimizar a emisión de po de sílice ao cortar pedra. "E situarnos á vangarda na loita contra as enfermidades profesionais asociadas á lousa", sentenciou.


Na actualidade, o 95 por cento da produción galega de lousa está destinada á exportación en tres mercados principais: Francia, Reino Unido e Alemaña; aínda que o sector está a expandirse por outros mercados como os países nórdicos, Estados Unidos, Australia ou Rusia. E, en 2017, as vendas no exterior, nos sete primeiros meses, foron un 3 por cento superiores ás do mesmo período do ano anterior.


relacionada Rexeitamento ante o Hórreo á "depredación" que propicia a lei de fomento empresarial
relacionada O PP aproba en solitario a xa coñecida como 'lei de Depredación de Galicia'
relacionada A receita do PP para competir co Norte de Portugal: "liberalizar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress