A comunidade de montes de Chandebrito critica a actuación policial durante os incendios

|

Incendioneves


O presidente da comunidade de montes e asociación de veciños de Chandebrito, en Nigrán (Pontevedra), Víctor M. Vidal, expresou mediante unha carta o seu malestar sobre diversas cuestións relacionadas coa vaga de incendios que en outubro pasado arrasou á pequena parroquia. Nela, acusa os axentes da Policía Nacional que auxiliaron aos habitantes da zona de ser "os responsables das mortes por non realizar unha análise frio da situacion" das dúas veciñas do lugar e que a súa actuación non merece "galardón nin recoñecemento algún".


Na carta, cualifica a actuación policial de "inxenua pero de boa vontade", recalcando o "medo e a falta de profesionalidade" durante os feitos. Para Vidal, a actuación dos axentes supuxo sacar aos veciños "de zona segura" para metelos "na boca do lobo" e que a causa do desaloxo "puido haber máis casas incendiadas". Doutra banda, o presidente da comunidade de montes apuntou que todo isto xa llo fixo constar aos membros da comisaría de Vigo durante a reunión que mantivo con posterioridade aos feitos.


Con todo, desde a Policía Nacional, a versión do ocorrido en Chandebrito é radicalmente distinta, describindo un panorama de "pánico brutal" con "coches envoltos en chamas" e sen vías de evacuación practicables. Ademais, recalcaron que o peor de todo é "a perda de vidas".


Vidal aproveitou a misiva para atacar ás administracións e remarcar a situación de deixamento dalgunhas leiras do monte comunal. Ha criticado ás entidades veciñais das que di que "cando llas necesita en verdade, esconden a cabeza baixo terra" e aos cidadáns que usan o monte comunal "de forma libertina, sen pensar que tamén é necesario contribuír ao seu mantemento". Sobre a Administración Pública valor a falta de medios e pon de manifesto as "trabas administrativas" ás que se enfrontan os afectados. Doutra banda, criticou ás autoridades eclesiásticas por considerar que deixaron abandonada a parroquia.


Por último, Vidal informou que ata o vindeiro xoves poñerase a disposición dos veciños de Chandebrito un punto de atención con asesoramento dun avogado no local social da asociación. Alí atoparán información relativa á solicitude de axudas e sobre a documentación necesaria cun horario de atención de 10:00 horas a 13:00 horas e de 17:00 horas a 21:00 horas. Ademais, quixo acordarse dos outros municipios de Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal que correron a mesma sorte de Chandebrito.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress