A opinión dos veciños, un piar do futuro turístico da capital

O concello de Santiago lanza enquisas para pulsar a "mirada colectiva" da cidadanía e os axentes implicados.


|

OficinaturismosantiagoOficina turística de Santiago. Foto: Concello de Santiago.


As persoas residentes en Santiago interesadas en colaborar na elaboración do Plan Estratéxico de Turismo poden xa cubrir unha enquisa dispoñible en a páxina web do Concello. Tal e como informa o goberno local "a enquisa é unha das principais ferramentas deseñadas para recoller as múltiples opinións que hai na cidade sobre a situación do sector e o seu futuro".


Poderase cubrir ata o día 20 de novembro e distingue entre catro públicos cunha mirada distinta respecto do fenómeno turístico en Santiago: Cidadanía, sector do Aloxamento, sector da Restauración e sector do Comercio. Deste xeito, o obxectivo é recoller o máximo de opinións individuais para poder obter unha mirada colectiva sobre o turismo na cidade".


PARTICIPACIÓN DE EXPERTOS


A enquisa complementa outras ferramentas de recollida de información, nas que destacan dúas: a organización de seis mesas de traballo sobre temáticas específicas nas que participarán diferentes expertos coñecedores do sector e da cidade e unha ducia de entrevistas en profundidade a personalidades destacadas de diferentes ámbitos que poden achegar os seus coñecementos e experiencias. En conxunto, na elaboración do Plan estratéxico participarán máis de 60 expertos, tal e como informa o concello.


Desde Turismo de Santiago fíxase a validez deste novo Plan Estratéxico ata o ano 2022, porque se concibe como unha ferramenta para transformar o modelo turístico da cidade, adaptándoo aos tempos. O Plan ten en conta o Ano Santo 2021, pero "ten que transcendelo porque o sector turístico non pode funcionar só pendente dos anos santos, senón que ten que desenvolver un modelo sustentable no tempo e rendible para o conxunto da cidadanía", defenden.


relacionada Turismo rexeita debater a taxa que reclama o goberno da capital
relacionada Noriega di que a taxa turística "é un debate que chegou para quedar"
relacionada Unha taxa turística deixaría un millón de euros de beneficio cada ano
relacionada Martiño Noriega critica que ao PP só lle interese "o turismo a granel"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE