O Celta estrea 'Escoitamos', a súa nova canle de comunicación

Ademais da nova canle, os celestes renovaron a páxina web e a tenda online


|

Fotowebtienda2017

Imaxe da nova web do Celta. RC Celta.


O Celta de Vigo segue crecendo, e non só no plan deportivo. Esta semana a entidade celeste ha renovado dunha tacada tres aspectos para modernizar o club: a pagina web, a tenda online e a comunicación coa afección coa posta en marcha da canle de comunicación 'Escoitamos', a principal novidade na renovación da web do conxunto vigués.


Despois de analizar as propostas de gran parte dos afeccionados celtiñas, desde o club decidiu crear un nova canle de comunicación que servirá de ligazón entre a entidade e o celtismo. 'Escoitamos' tratará de resolver "de maneira áxil e eficaz as dúbidas, inquietudes ou incidencias expostas polos abonados e afeccionados" para prestas unha mellor asistencia e máis individualizada á inchada do Celta.


Esta nova ferramenta de comunicación está ao alcance de todos os afeccionados celestes desde a web do club, onde poderán expor as súas inquietudes en galego, en castelán ou en inglés. Para iso, os incondicionais celtarras só terán que acceder á web do club e encher un cuestionario coas súas dúbidas ou peticións e desde o club responderán á solicitude nun prazo máximo de tres días laborables. Doutra banda, 'Escoitamos' tamén dispón dun punto de atención presencial nos despachos de billetes de Balaidos, no horario habitual de atención ao público.


Outra novidade é a tenda online que desde o club definen como "funcional e moderna". A web está optimizada para adaptarse aos dispositivos móbiles e a nova tenda online incorpora o desconto para abonados na compra de produtos, si como códigos promocionais e devolucións. Outra novidade é a posibilidade de personalización do material oficial, permitindo ao usuario unha previsualización en alta calidade do artigo personalizado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE