Ada Colau 'desafiuza' o PSC do Goberno municipal

Manuel Fernando González Iglesias


Colau rompe con el PSC en Barcelona 1 1

A polémica Alcaldesa do Concello de Barcelona chegou ao Goberno municipal da capital catalá por ser unha furibunda lideresa contra os desafiuzamentos que a policía executaba cada día en nome dos bancos acredores.


Agora que esa febre remitiu substancialmente e non serve para gañar votos, executou sen pestañear un desafiuzamento político contra o seu 'único socio' no goberno municipal: o PSC de Miquel Iceta quen, facéndose o sorprendido, acusou a Ada Colau de pensar máis en clave independentista que nos propios barceloneses, que quedan sen goberno estable nuns meses nos que cada partido vai ao seu en busca dos votos que os leven a ocupar os escanos do Parlament de Catalunya, que lle dean máis poder na 'nova era' da primeira lexislatura 'post artigo 155'.


Hai uns días -quizais Vds. o lembren- nun acto público ao que asistía a propia Ada Colau, un espontáneo recriminou a berros á alcaldesa que se esquecese das vítimas dos desafiuzamentos que tantos votos lle deran.


O individuo tivo que ser desaloxado polos servizos de seguridade, que practicamente o arrastraron ata a saída no medio dos seus berros de protesta, que deixaron os asistentes estupefactos ante o que contemplaban os seus ollos e escoitaban os seus 'delicados oidos'.


A Señora Colau fíxose a estatua mentres, incómoda e nerviosa, contemplaba o desaloxo coma se a escena non a provocase ela mesma nun pasado recente cunha maior ou mellor virulencia.


Os tempos cambian e os desafiuzados tamén. Agora tocoulle aos pobres socialistas e nun futuro non demasiado afastado podería afectar aos 'comúns', que agora tocan cartapacio municipal e aspiran a converterse en 'bisagra' de Govern na Generalitat de Catalunya tras as eleccións do 21 D.


Moito tememos que a estratexia que naceu un 10 de abril de 2013 ideada por Arcadi Oliveres e a monxa Teresa Forcades baixo o nome de 'Proceso constituínte en Catalunya' goza de boa saúde e se segue desenvolvendo transversalmente, non só na Casa dos Comúns, senón en partidos de longa historia republicana coma Esquerra, no PDeCAT -agora infestado de independentistas- e ata no corazón do 'repudiado' Dante Fachin -ex podemita catalán-, na CUP e se mo permite o intelixente Iceta, nas súas propias filas socialistas, onde exemplos coma o fuxido Comín ou o histórico Ernest Maragall e ata o alcalde Ballart falan ás claras de que este 'virus constituínte' infectou a sociedade catalá e é unha verdadeira pandemia que a medicina constitucional non sabe como curar.


Volveremos votar e volveremos equivocarnos.


A estratexia xa se puxo en marcha -máis ben nunca se interrompeu- e a liberdade duns presos por presunto golpe de estado civil é a guinda que lles falta aos estrategos pola República catalá para conseguir, unha vez máis, dobrar a man do Goberno español, lexítimo e democrático, aínda que agora pareza que será a medio prazo.


Sigan Vds., pois, a pista dos artigos que iremos publicando neste diario en torno ao tema e xulguen por si mesmos se as nosas sospeitas son ou non fundadas.


Como sempre, seguiremos dando a cara, que para iso temos a vocación de xornalistas.



Artigo publicado orixinalmente en Catalunyapress.es

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE