O aeroporto Peinador de Vigo é o que rexistra un maior crecemento de Galicia

|

Aeropuertoviajeros


O número de pasaxeiros no aeroporto de Vigo aumentou un 19% durante o outubro pasado, o que supón un total de 97.488 pasaxeiros na terminal viguesa. A pesar do aumento, o aeroporto de Lavacolla en Santiago de Compostela segue sendo o máis transitado aínda que o seu crecemento é menor con respecto ao da cidade olívica. Concretamente, en Santiago rexistrouse o pasado mes un 3,3% máis de pasaxeiros con respecto a outubro de 2016.


Atendendo ao número de operacións e voos, o de Santiago segue sendo o maior de Galicia. No referido aos voos comerciais, o descenso sensible do 3,43% nos voos nacionais contrasta co aumento dun 26,5% nos voos internacionais, sendo 170.334 voos no primeiro caso e 64.094 no segundo. Se miramos o número de operacións, Lavacolla rexistrou un total de 1.997 durante o último mes, traducido nun aumento do 10,9%.


En canto ao manexo de mercadorías, polo aeroporto da capital galega o aumento é dun 30,6% con respecto ao ano pasado. Se nos fixamos nos datos totais no que vai de ano, pola terminal de Santiago pasaron 2,3 millóns de pasaxeiros, 4,3% máis que o ano anterior, e o seu terminal de carga moveu máis de 2.200 toneladas, un incremento do 20,4%.


Pola súa banda, o aeroporto Peinador de Vigo segue en franco crecemento. O pasado mes rexistráronse 1.136 voos, un 14,6% máis que o ano anterior. O volume de pasaxeiros en voos nacionais tamén aumento, un 12,5% máis, mentres que o de voos internacionais rexistrou vertixinoso aumento do 70,5%. O mesmo co volume de carga, por onde pasaron 114 toneladas no mes de outubro, sendo un crecemento do 204,5% con respecto ao ano pasado. Nos datos anuais, por Vigo pasaron un 11,2% máis de pasaxeiros que o ano pasado a estas alturas.


Por último, o aeroporto de Alvedro na Coruña tamén aumenta porcentualmente, aínda que en menor medida. Pola terminal herculina pasaron por outubro un 2,4% máis de pasaxeiros que durante o outubro pasado e un 1,1% máis de operacións. No que vai de ano, máis de 950.000 pasaxeiros usaron o aeroporto para desprazarse, un aumento do 7,5% e operar un 4,4% máis de aeronaves na cidade coruñesa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress