Sorprenden a un ladrón cando saía pola fiestra dun colexio

|

Policianacionalpatrullacoche


Axentes da Policía Nacional detiveron un home na Coruña por un delito de roubo con forza nun colexio. Hai unha semana varios efectivos policiais foron enviados a un centro docente da cidade herculina despois de que a central de alarmas informase de que unha persoa estaba dentro do mesmo cunha lanterna.


Cando chegaron os axentes e revisaban o interior do colexio, observaron que saía pola xanela da cafetería un home que levaba unha mochila posta.


Os axentes revisaron as pertenzas que portaba, entre as que tiña unhas luvas, un pasamontañas, unha lanterna, un desaparafusador e varios envases de snacks. O home, ao ser sorprendido polos axentes, recoñeceu que acababa de forzar os catro barrotes da xanela para entrar na cafetería do colexio.


Os axentes realizaron unha requisa no interior por se puidese haber outros ladróns. "Estaba todo moi revolto e había unha pata de cabra á beira da xanela", concreta a Policía.


Os policías procederon á detención do home por un delito de roubo con forza nas cousas e foi trasladado a dependencias policiais, onde se instruíron as dilixencias.


O home arrestado, natural da Coruña, de 26 anos e con varias detencións anteriores, foi posto a disposición xudicial.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress