Os xulgados de cláusulas chan rematarán o ano con 4.000 casos pendentes

|

ClausulassuelohipotecasProtesta de afectados por cláusulas adoito.


Os xulgados de primeira instancia especializados en litixios relacionados coas demandas sobre cláusulas chan en Galicia celebrarán este ano 671 vistas (292 xa levaron a cabo e 379 terán lugar entre novembro e decembro), tras recibir un total de 4.661 casos desde a súa posta en marcha en xuño.


Segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) ao 5 de novembro, no que vai de ano xa se celebraron 292 vistas en Galicia, con 199 sentenzas xa ditadas.


Estes asuntos refírense, entre outros, a cláusulas chan, vencemento anticipado, intereses moratorios, gastos de formalización de hipoteca ou hipotecas multidivisa.


Por provincias, Pontevedra está á cabeza de asuntos ingresados (2.198) do total en Galicia de 4.661. Aquí, celebráronse 124 vistas e están sinaladas 121 a realizar entre novembro e decembro. Xa hai 87 sentenzas.


Na Coruña, hai 1.850 casos recibidos por xulgados de clásulas chan, con 88 vistas celebradas (70 con sentenza) e 141 pendentes para o que queda de 2017.


En Ourense, os asuntos ingresados son 419, dos que 28 xa celebraron vistas (19 con fallos) e 61 atópanse sinaladas para os dous últimos meses do ano.


Lugo é a provincia con menos casos que chegaron a xulgados (194), pero con todo ten máis vistas celebradas que Ourense, foron 52, e tivo tamén máis sentenzas (23). Ata final de ano hai 56 vistas pendentes.


DATOS ESTATAIS


Os xulgados de primeira instancia especializados en litixios relacionados coas demandas sobre cláusulas chan celebrarán en España ata finais de ano máis de 6.000 vistas ou audiencias previas sobre esta materia.


O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) puxo hai cinco meses en marcha un plan para facer fronte ao aumenton previsto das ditas demandas por mor da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) do 21 de decembro de 2016.


relacionada O xulgado de cláusulas chan de Vigo, desbordado polas demandas
relacionada A Coruña e Vigo concentran o 85% das reclamacións por cláusulas chan
relacionada Os xuíces temen colapsos nos xulgados para cláusulas chan

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress