As grandes empresas españolas prevén que Galicia cumpra co déficit este ano

A súa análise das contas autonómicas apunta á mellora dos ingresos como principal factor desta evolución.


|

Dineromonedaseuros


A Fundación de Estudos de Economía Aplicada (Fedea), formada polas maiores empresas de España prevé que Galicia cumpra o obxectivo de déficit das comunidades para este ano (que está no 0,6% do PIB).


Así, estima que o déficit da Comunidade galega será do 0,3% do PIB ao peche do exercicio, polo que quedará próximo á consolidación fiscal.


Ademais, apunta que os ingresos se incrementará un 3,7% en Galicia en 2017 ata 9.543 millóns de euros, fronte aos 9.200 millóns ao peche de 2016.


En cambio, a taxa de crecemento de gastos será inferior (+1,8%) en máis da metade á de ingresos ata alcanzar os 9.717 millóns en 2017, mentres que en 2016 foron 9.541 millóns.


CATRO COMUNIDADES DESVÍANSE


Aínda que as comunidades autónomas cumprirán no seu conxunto co obxectivo de déficit para este ano, catro delas non lograrán a meta fixada: Castela-A Mancha (-0,7%), Estremadura (-0,8%), Comunidade Valenciana (-1,2%) e Murcia (-1,5%), de acordo coas estimacións de Fedea.


A Fundación sinala no seu informe que o seu exercicio de simulación é simétrico para todas as rexións e non recolle os cambios que as comunidades poidan implementar no último momento. Desta forma, precisa, as comunidades que están a presentar un mellor comportamento na primeira parte do ano poderían relaxarse e presentar unhas cifras peores ás estimadas, polo que considera "esperable" que finalmente ningunha autonomía finalice o exercicio con superávit.


DATOS XERAIS


A nivel xeral, Fedea asegura que as comunidades autónomas cumprirán co obxectivo de déficit deste ano, co que lograrán alcanzar a meta prevista polo Goberno por segundo ano consecutivo.


"As CC.AA. están en condicións de cumprir co obxectivo de déficit de 2017 do 0,6% do PIB", subliña a Fundación, que proxecta para o peche de 2017 uns ingresos uns 4,6% superiores aos de 2016, fronte a un incremento dos gastos do 2,9%.


relacionada Galicia vota a favor do déficit do 0,3% en 2018 e pide "non descartar" unha baixada de impostos
relacionada Galicia leva o seu si aos novos obxectivos de déficit autonómico
relacionada España promete a Bruxelas cumprir o déficit "apróbense ou non os Orzamentos"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE