A historia da emigración galega a Euskadi faise un oco en Zinebi

O documental "Sitio distinto", de Davide Cabaleiro, estrearase hoxe na sala BBK do festival


|


Zinebi 1


A historia da emigración galega a Euskadi e os seus vínculos culturais será tratada no Festival Internacional de Cinema Documental e Curtametraxe de Bilbao (Festival Zinebi), organizado polo Concello da capital biscaíña, a través do documental de Davide Cabaleiro "Sitio distinto". A súa estrea terá lugar hoxe mesmo na sala BBK ás 20:00 horas, dentro da sección ?Bertoko Begiradak- Miradas desde Euskadi?.



O documental presentouse este domingo en Bilbao en presenza do seu director, Davide Cabaleiro, do director de Zinebi, Ernesto do Río, e da progamadora do Festival, Vanesa Fernández Guera. Nesta edición do evento, presentaranse oito traballos, seis documentais e dúas películas de ficción cos que se busca dar a coñecer a distintos produtores, realizadores, técnicos e profesionais da industria audiovisual vasca.


No caso de "Sitio Distinto", trázase "un interesante ensaio de investigación histórica acerca de a emigración galega cara ao País Vasco durante máis de 150 anos, así como sobre as relacións que xurdiron ao longo dese tempo como resultado do encontro entre estas dúas culturas milenarias". O documental, que narra unha viaxe desde finais do século XIX ata a actualidade co fin de explicar os motivos da emigación galega a Eusakdi, conta ademais co testemuño de artistas como Kepa Junkera ou Kirmen Uribe.

relacionada 'La villa', de Robert Guédiguian, abre a nova edición de Cineuropa
relacionada A Deputación da Coruña premia dez proxectos culturais en favor da igualdade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE