O hospital HM Rosaleda, de Santiago, abre unha unidade de cirurxía plástica e estética

HM Hospitales pon á fronte da unidade o doutor Jorge Valdés, que leva máis dunha década exercendo en Santiago.


|

JorgevaldeshmhospitalesDr. Jorge Valdés. Foto: HM Hospitais


O Hospital HM Rosaleda, en Santiago, pon en marcha unha Unidade de Cirurxía Plástica e Estética. O seu obxectivo, segundo remarcan nun comunicado, é "ofrecer aos pacientes unha atención personalizada e de máxima calidade".


Á fronte da nova unidade, como director, o centro pon ao Dr. Jorge Valdés, que "posúe unha dilatada e contrastada traxectoria no sector da cirurxía plástica e estética".


Ademais, subliñan que "se levou a cabo unha completa remodelación de espazos e unha renovación en canto a tecnoloxía no centro compostelán".


A Unidade aplicará técnicas "de vangarda" tanto no plano da cirurxía plástica coma no de reconstructiva, pero tamén dispoñerá dun amplo abanico de tratamentos de medicina estética.


Este último campo é, segundo destaca o especialista, "unha especialidade que conta cada vez cunha maior demanda, debido a que non só complementa á cirurxía, senón que actúa como medicina preventiva, de modo que permite atrasar o paso polo quirófano".


BÓTOX E CIRURXÍAS


A toxina botulínica centra na actualidade unha gran parte dos tratamentos estéticos, xa que cun tratamento "minimamente invasivo, rápido e indoloro, lógrase mellorar notablemente o aspecto do paciente sen que se aprecie un cambio substancial, por exemplo, no rostro", destaca o Dr. Valdés.


Tamén lembra as múltiples posibilidades que ofrece a medicina estética, que a día de hoxe van máis aló do bótox.


Con todo, hai problemas para os que a medicina estética non ofrece solucións. Neses casos, faise necesario recorrer á cirurxía, "especialidade na que o Dr. Jorge Valdés conta cunha longa e recoñecida traxectoria".


Neste sentido, destacan que "a Unidade traballará de forma coordinada cun equipo multidisciplinar de cirurxiáns, médicos e persoal moi capacitado para ofrecer solucións integrais ao paciente tanto no ámbito estético como na súa saúde xeral, se fose preciso".


HM HOSPITALES


HM Hospitales preséntase como "o grupo hospitalario privado de referencia a nivel nacional que basea a súa oferta na excelencia asistencial sumada á investigación, a docencia, a constante innovación tecnolóxica e a publicación de resultados".


A empresa desembarcou en Galicia en 2014 coa incorporación do Hospital HM Modelo e a Maternidade HM Belén na Coruña, aos que se sumaron en 2016 os hospitais HM Rosaleda e HM A Esperanza, en Santiago. En marzo de 2017 foi en Vigo o Centro Médico o Castro - Hospital Perpetuo Socorro, agora HM Vigo, co obxectivo de completar asistencialmente o chamado eixo atlántico.


Actualmente, HM Hospitales en Galicia dispón de "máis de 300 camas e 26 quirófanos que responden a todas as especialidades médicas e cirúrxicas".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE