A independencia xa non é a liña vermella para Puigdemont, pero si "outro encaixe" de Cataluña

|

Alcaldespuigdemontbruselas


O ex presidente da Generalitat Carles Puigdemont asegurou que "sempre" estivo aberto a aceptar "outra relación con España" e que "aínda é posible" unha solución alternativa á independencia.


"Estou disposto e sempre o estiven a aceptar a realidade doutra relación con España", asegurou nunha entrevista publicada este luns polo diario belga Le Soir.


Así, o ex presidente catalán sostén que "aínda é posible" unha alternativa á independencia do territorio e que el traballou durante décadas para lograr outro "encaixe" de Cataluña en España; á vez que defende que segue sendo favorable a buscar un acordo.


Preguntado na entrevista, que foi realizada o pasado venres, se para el se trata de "independencia ou a morte", Puigdemont responde que "nunca" e que segue sendo favorable a un "acordo".


relacionada PSOE e PP tratan de reforzar as súas apostas políticas para pelexar o 21D en Cataluña
relacionada O Goberno non se fía das renuncias de soberanistas á independencia unilateral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress