A Deputación da Coruña premia dez proxectos culturais en favor da igualdade

|

Igualdepcor


As áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña poñerán en marcha un concurso que recoñecerá aqueles proxectos que contribúan a fomentar a igualdade desde o ámbito cultural.


A vicepresidenta provincial e responsable da área de de Cultura, Goretti Sanmartín, e a deputada de Igualdade, Ánxela Franco, presentaron esta iniciativa, á que se destinan na primeira convocatoria un total de 200.000 euros.


A nova iniciativa está destinada a premiar o desenvolvemento de dez propostas artísticas e iniciativas culturais anuais que promovan socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura.


Ao mesmo, poderanse presentar proxectos orixinais e inéditos que se desenvolvan parcial ou totalmente ao longo do ano nos distintos campos artísticos "do son, a palabra, a escena, as artes plásticas, a imaxe ou outras contornas creativas como a arte urbana ou dixital".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress