Mosquera sobre o encontro contra o Málaga: "É un partido vital"

|


Mosquera

Foto: RC Deportivo


O centrocampista e número doce do Deportivo, Pedro Mosquera, destacou a relevancia do próximo partido contra o Málaga, que cualificou de "vital". O encontro, que terá lugar o domingo día 19 de outubro, é para o Málaga, en palabras de Mosquera, "unha final".


Durante a rolda de prensa, o centrocampista do Deportivo sinalou a posibilidade de "poñernos a dez puntos máis o golaveraje, que son moitos puntos en Primeira División e cun tramo importante da liga transcorrido".


Tamén comentou os beneficios da chegada do novo técnico do Deportivo, Cristobal Parralo, que lles permite "traballar moitas cousas que facían falta e que están a ser positivas". Mosquera incidiu na súa capacidade á hora de detectar "cousas que facían falta co balón e sen el, e tamén nos infunde ese carácter que ten e que nos facía falta". Ante esta situación, o xogador predicir que "o equipo vai seguir crecendo" e que só poden "ir a máis".

relacionada O Depor achega cinco internacionais; o Fabril dous
relacionada Munúa reencóntrase co Dépor en plena crise na portería

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress