O dereito a voto das persoas con discapacidade intelectual, clave para a súa inclusión

|

Votosufragio


A valedora do Pobo, Milagres Otero, celebrou que o Congreso aprobase por unanimidade o inicio da reforma da Lei Electoral para suprimir as limitacións do dereito a voto das persoas con discapacidade intelectual.


A través dun comunicado emitido pola institución este venres, a valedora sinalou que a modificación da normativa electoral para reforzar o dereito a voto deste colectivo foi recomendado no seu Informe Extraordinario sobre discapacidade, 'Os Dereitos das persoas con discapacidade intelectual en Galicia'.


Así, destaca que a reforma de lei supoñerá "un paso decisivo" para eliminar as trabas existentes na "capacidade de obrar que afectan aos dereitos de carácter político e fundamental" destas persoas.


A institución remarca que o dereito a voto ten que estar garantido para este colectivo e que, para iso, deben adaptarse os colexios electorais e os medios de votación en materia de accesibilidade.


Así mesmo, apunta que estas persoas deben exercer o seu voto "en condicións de liberdade", polo que han de implementarse medidas de "protección de voto".


O dereito para concorrer en igualdade de condicións que o resto da cidadanía, o "dereito a cargo" e o apoio persoal con garantías a través da asistencia para votar de persoas da súa confianza son outras das medidas que debe reflectir a lei, segundo a valedora.


"A protección do dereito a sufraxio resulta clave para a preservación da persoa, da súa inclusión na comunidade política e para a garantía dos seus dereitos civís e políticos", conclúe o comunicado da institución.


relacionada A ONCE escolle a UDC para formar a persoas con discapacidade intelectual

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress