O Celta dá descanso aos seus xogadores no parón de liga

|

CeltaentrenobalaidosImaxe do derbi doméstico en Balaídos. Foto: RC Celta


En metade deste parón ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, Unzué dá tres días libres aos xogadores que ten na Madroa.


Antes, o Celta e o Celta B substituíron as sesións de adestramento programadas por un partido en Balaídos. Un derbi celeste que comezou cun tanto de Deixan Drazic para o Celta B, pero que o primeiro equipo remontou con dous goles de Daniel Wass.


Mentres, entre os que non están, Iago Aspas centra a atención dos celtistas na súa nova cita coa Roja. Sobre el falou Lopetegui, do que explicou que pode cambiar de posición e non soamente xogar de nove puro. "Iago pode compartir tamén distintas posicións", expresou.


E acerca das opcións do de Moaña para acudir ao Mundial sinalou, sen ser explícito, que a lista de maio non está decidida, pero manifestou que "se están aquí é porque son xogadores de noso agrado e haberá moitos xogadores que estean en Rusia".


relacionada Ultimato de Guidetti ao Celta
relacionada A lesión de Emre Mor prolóngase máis do previsto

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress