Unha cidade de debuxos en 'Compostela Ilustrada'

Santiago acolle ata o 12 de novembro o encontro con 13 dos mellores ilustradores.


|

Compostelailustrada

Ilustracións da exposición. Foto Concello de Santiago 


O encontro internacional 'Compostela ilustrada' trae ata a capital galega a 13 dos mellores ilustradores do mundo nesta disciplina. A convención permanecerá na cidade santiaguesa ata o domingo 12 de novembro.


Entre os asistentes destacan o ilustrador asturiano Alfredo, premio nacional de ilustración 2017, ou o mestre Munehiro Ikeda, autor do primeiro caderno de viaxe do Camiño de Santiago. O encontro, dirixido por Miguelanxo Prado, permitirá aos participantes desenvolver a súa arte debuxando polas rúas e espazos emblemáticos de Santiago desde diferentes perspectivas.


Ademais, o programa inclúe as xornadas de ilustración urbana, talleres, catro exposicións, presentacións de libros ilustrados e rutas que mesturan a gastronomía galega co mundo do debuxo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE