Queda en liberdade o detido por disparar a súa ex parella en Vilagarcía

O xuzgado suspendeu o seu dereito a portar armas


|


O home detido o pasado xoves en Vilagarcía por disparar contra a súa ex parella, foi posto en liberdade hoxe mesmo, segundo fontes xudiciais. O xuzgado de instrución número dous de Vilagacía tamén suspendeu o seu dereito a portar armas. 


Os feitos tiveron lugar ás 7,30 horas do pasado xoves nunha vivenda da rúa Cruceiro de Galás, en Vilagarcía de Arousa. Segundo a versión do detido, o home utilizou a arma porque "asustouse cando alguén entrou na casa". A persoa que tentaba acceder ao domicilio, era a súa ex parella, de 54 anos, que tivo que ser atendida no Hospital do Salnés tras recibir un disparo no ombreiro.


Despois de acordar as medidas solicitadas pola fiscalía, o xuzgado de instrución número dous de Vilagarcía enmracou os feitos dentro das competencias do que leva os casos sobre violencia de xénero.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE