Medio Rural continúa coas medidas para a recuperación dos montes queimados

Os labores de mulching están a realizarse nos concellos de Cervantes, Lobios, Ponteareas e As Neves.


|

PallamontequeimadoForraxe detinado para o mulching


A Consellería do Medio Rural continúa coas tarefas de consolidación do terreo queimado en diversos municipios galegos. Trátase do municipio lugués de Cervantes, a localidade de Lobios en Ourense e os dous municipios pontevedreses de Ponteareas e As Neves. Desde que a vaga de incendios azoutase en outubro aos montes galegos, desde a consellería puxéronse en marcha distintas medidas para a recuperación o terreo arrasado. Neste caso, iniciáronse os labores de mulching, que consiste en esparcir palla polas zonas afectadas polo incendio para evitar o arrastre das cinzas.


Desde a Xunta comunicaron que esta se trata dunha técnica "pioneira" que só leva a cabo "en países como Canadá". Para esparcir a forraxe necesítase de traballadores que o fagan de forma manual ou ben mediante un helicóptero nas zonas de máis difícil acceso. Medio Rural está a centrar os seus esforzos nas áreas de matogueira máis afectadas dos 32 incendios que superaron as 300 hectáreas arrasadas ao longo deste ano. Ademais, trabállase na colocación de pequenos muros vexetais nas marxes dos ríos, como medida para a contención de terra ante posibles arrastres e inundacións, unha medida que se tomou no ano 2006, cando a comunidade galega viviu un verán terrible no referente aos incendios.


Doutra banda, ademais destas medidas, o departamento de Ángeles Vázquez informa que se procederá á eliminación de madeira queimada sen valor de mercado, unha acción orienta á posterior rexeneración do bosque e o aproveitamento da madeira recuperable. En canto os orzamentos, desde Medio Rural trabállase cun cantidade total de sete millóns de euros - tres millóns en 2017; catro millóns en 2018 - destinados á execución destes traballos e ao posterior control dos riscos hidrolóxicos erosivos sobre o terreo queimado, medidas ideadas para a recuperación do valor forestal da Comunidade galega. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE