Os propietarios de edificios ruinosos deberán pagar un canon anual á Xunta

Eliminaranse 'trabas burocráticas e obstáculos normativos' para facilitar o proceso, que afectará a 100.000 vivendas.


|

Casaruinosa 2


A lei de rehabilitación coa que a Xunta aspira a rexenerar e dinamizar centros históricos e núcleos rurais será sometida de inmediato a exposición pública e prevé a "eliminación de trabas burocráticas e de obstáculos normativos" para actuar en case 100.000 vivendas situadas en zonas degradadas. Tamén permitirá expropiar ou cobrar un canon a propietarios de edificacións en estado ruinoso e nas que se incumpra a obrigación de rehabilitar.


Alberto Núñez Feijóo e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, explicárono ao termo da reunión do Consello da Xunta que analizou un anteproxecto que priorizará a recuperación de os núcleos históricos catalogados como BIC a través da declaración das 'áreas Rexurbe', é dicir, áreas de rexeneración urbana de interese autonómico. Nelas, a Administración autonómica poderá expropiar os edificios declarados en ruínas e nos que se incumpran as obrigacións de rehabilitar, sendo posible un rebaixa no prezo de ata un 50%.


Reunionconsello 3


Á expropiación de propiedades, a Xunta engade que tamén se poderá cobrar un canon ós propietarios de edificios ruinosos. Será de carácter anual e corresponderase co 0,4 ou 0,6 por cento do valor catastral do inmoble.


Esta taxa, cuxos ingresos se utilizarán para rehabilitar a zona na que se sitúa o edificio gravado, non ten un afán "recadatorio", senón "disuasorio", segundo declarou Ethel Vázquez. Aplicaranse bonificacións do 90% no caso de familias que padezan dificultades económicas.


relacionada Máis da metade dos españois queren pasar a ser propietarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE