Santiago acollerá a manifestación en defensa da Sanidade Pública


|


Varias asociacións vinculadas á Sanidade Pública convocaron para o vindeiro sábado 18 de novembro unha manifestación en Santiago de Compostela. A manifestación, que partirá ás 17:00 horas da estación de tren para acabar na Praza da Quintana, pretende chamar a atención sobre a preocupante deterioración da Sanidade Pública e reivindicar ás institucións unha mellora das condicións laborais, xa que consideran que desde a propia administración están a tratar de "privatizar a Sanidade Pública".


Desde o comunicado enviado polas 18 asociacións que asinan o manifesto, demandan que máis de 300.000 persoas atópanse actualmente en lista de espera, das cales o 16% son eliminadas pola Consellería de Sanidade. Ademais, no comunicado mencionan a creación por parte da Xunta, á que acusan de incumprir o sistema de prazos das intervencións, de crear listas de espera paralelas e de eliminar das listas ás persoas que se negan a operarse en centros privados. Doutra banda, destacan que a pesar desta situación, continúa o peche de camas, alcanzando as 1.700 durante o verán.


As penosas condicións nas que se atopan os profesionais sanitarios, o estado do material sanitario e a constante diminución de persoal son outras das denuncias das organizacións que convocan a manifestación. Ao non cubrirse a taxa de reposición de profesionais, orixínase unha atención deficiente dos enfermos que, segundo as organizacións, ven obrigados a acudir aos centros de urxencias "colapsándoos, tanto de PAC como hospitalarias, pola demora nas citas para consultas". Este colapso, ademais, vén motivado pola eliminación de Áreas Sanitarias fundamentais e o abandono da poboación rural.


A alteración do calendario vacacional, a perda de poder adquisitivo dos profesionais sanitarios ou a paralización da carreira profesional son outras das reivindicacións que motivan a manifestación do próximo sábado 18 de novembro baixo o lema 'Non á destrución da Sanidade Pública Galega'. Desde o comunicado fan un chamamento á poboación, ás organizacións sociais, políticas e sindicais para unirse nesta mobilización.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE