Caballero, pola escaseza de auga: "Hai que poñerse no peor escenario"

Vigo pode entrar en fase de 'escaseza severa' de auga a principios de decembro co actual consumo e se non chove.


|

Abelcaballeroenfado


O Concello de Vigo, que activou o plan municipal de emerxencias para situacións de seca, pode entrar na fase de 'escaseza severa' a principios de decembro, se se mantén a actual progresión de consumo e non chove.


Así o explicou o alcalde olívico, Abel Caballero, quen volveu reclamar á Xunta que, "de inmediato e pola vía de urxencia", acometa a construción dun azud (un pequeno transvasamento) entre os ríos Verdugo e Oitavén, e reduza o caudal ecolóxico dos ríos.


Segundo lembrou, nas últimas semanas, a auga embalsada tanto en Eiras como en Zamáns, viuse reducida de forma importante, e pasou do 56,5 por cento (o 30 de setembro) ao 41 por cento (o 6 de novembro) no primeiro caso; e do 52 por cento (o 30 de setembro) ao 41 por cento (o 6 de novembro) no segundo caso.


Vigo activou o plan municipal de emerxencia para situacións de seca na súa fase de alerta (subministración para 100 días), pero Caballero advertiu de que, "coa previsión de choivas que hai, e a progresión de consumo que levamos", activaríase a seguinte fase, a de escaseza severa (subministración para 70 días), na primeira semana de decembro.


"Sigamos aforrando o máximo de auga posible", pediu o alcalde, quen reprochou á Xunta que "xa perdeu moito tempo", porque "hai que poñerse no peor escenario".


relacionada Vigo ten auga para pouco máis de tres meses e activa o plan de emerxencia
relacionada As cinzas dos incendios comezan a tinguir de negro a auga dos ríos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE