Feijóo, ao BNG: "Deixen xa de repartir carnés de bos e malos galegos"

O conflito catalán e o papel de Galicia no modelo territorial cuestionado volve enfrontar o presidente con Ana Pontón.


|

Fejjooplenoparlamento 1


O presidente da Xunta proclamou este mércores que os galegos "non serán os parvos útiles do independentismo catalán" e advertiu que "non van usar Galicia". "Xa lles chega con utilizar o BNG", aseverou, en resposta á portavoz nacionalista, Ana Pontón, quen instou ao presidente a aclarar que papel vai xogar no debate aberto para "superar o postfranquismo" e "o réxime do 78".


Na sesión de control, Pontón afeou o "golpismo" de Feijóo polos seus pronunciamientos sobre Cataluña e expuxo activar un relatorio parlamentario que, entre outras cuestións, contemple o recoñecemento de Galicia "como nación", á vez que denunciou a "involución democrática" e a "recentralización" en España.


"Non estamos nun réxime postfranquista, estamos en plena democracia", replicou o xefe do Executivo e líder do PPdeG. Tanto é así, remarcou, que "no século XX exiliábanse os demócratas e agora exílianse os golpistas". Ao tempo, advertiu que o BNG quere un relatorio para "aplicar o seu programa", que non foi avalado "nas urnas" pola maioría dos galegos e que el non está disposto a aceptar.


"Deixen xa de repartir carnés de bos e malos galegos", pediu aos nacionalistas, á vez que reiterou, como xa fixo nalgunha ocasión anterior, que "a broma ilegal" de Cataluña pode custar a Galicia "5.000 millóns de euros".


Finalmente, defendeu que Galicia mantén o autogoberno, así como "a autonomía financeira e política". "Cal é o seu problema? Que a Xunta non se dedica ao folclore independentista? Aos galegos gústanos o noso folclore. Négome a que os galegos sexamos os parvos útiles do independentismo catalán. Non van usar Galicia, xa lles chega con utilizar o BNG", resolveu.


relacionada A crise territorial centra os últimos reproches do debate de política xeral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE