O Goberno defende a intervención en Cataluña para recuperar a "normalidade" tras o 21D

|

Sorayarajoycongreso


O presidente do Goberno espera que se rexistre "unha participación masiva" nas eleccións catalás do 21 de decembro, que confía en que abran unha "nova etapa" na que se respecten as regras de xogo e permita recuperar a "normalidade" nesa comunidade, onde a crise política está a ter consecuencias sobre a economía "preocupantes" e que se están notando xa no emprego, o turismo e o mercado inmobiliario.


Na sesión de control ao Goberno no Congreso, respondeu á portavoz parlamentaria do PSOE, Margarita Robles, que manifestou confiar en que a nova comisión parlamentaria que debaterá sobre o modelo territorial -creada a instancias do PSOE-- sexa "útil" para construír o futuro.


Robles advertiulle de que os comicios do 21 de decembro non son suficientes para resolver por si sós o problema en Cataluña, polo que instou ao presidente a que "faga política" e traballe por unha "Cataluña integrada en España".


A portavoz advertiu de que os socialistas cren fundamental que o Executivo exerza o diálogo en lugar dunha "política de enfrontamentos" entre bloques de forzas (as chamadas constitucionalistas, PP, PSOE e Ciudadanos, fronte aos independentistas).


SEN LISTA UNITARIA


Mentres, entre as forzas independentistas crúzanse os reprocehs polo fracaso dunha hipotética lista unitaria para concorrer ao 21 de decembro.


A CUP asegura que ERC rexeitou unha proposta de preacordo para rexistrar unha coalición independentista para o 21D. No mesmo sentido, desde o PDeCAT censuraron esta decisión unilateral dos que foron os seus socios en Junts pel Si.


FOLGA XERAL


Os efectos da folga xeral en Cataluña están a notarse esta mañá nunha trintena de estradas que se atopan cortadas pola acción dos piquetes. Ademais, os cortes ou distintas incidencias afectan a metro, trens de proximidade e á liña do AVE.


relacionada Os ex consellers e Puigdemont, desde Bélxica: "En España estariamos en prisión"
relacionada Puigdemont expresa o seu desexo de que "España pase vergoña nos tribunais internacionais"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress