Munúa reencóntrase co Dépor en plena crise na portería

|

MunuadeporabegondoMunúa, en Abegondo. Foto: RC Deportivo


O 'ascenso' de Cristóbal Parralo ao banco do primeiro equipo deixou o Fabril cun oco no seu. Pois para facerse cargo del está na Coruña Gustavo Munúa, que vestiu na súa época a camiseta do Dépor baixo paus.


Tal e como confirmou o club nun comunicado, tras aterrar este mesmo martes na Coruña e asinar ata final de tempada, pasou xa pola Cidade Deportiva de Abegondo para coñecer os seus xogadores. Este mércores dirixe o seu primeiro adestramento e ofrece a súa primeira rolda de prensa como técnico branquiazul.


Chega ao filial deportivista tras pasar polo Nacional de Montevideo e do Liga Deportiva Universitaria de Quito.


E o ex porteiro chega en plena crise na portería do primeiro equipo. Con Tyton e Pantilimon cuestionados pola súa inseguridade, Rubén Martínez ten opcións de regresar mesmo ante o Málaga na Rosaleda, encontro para o que faltan menos de dúas semanas.


O de Coristanco está case recuperado da súa lesión e esta mesma semana pode irse incorporando aos adestramentos cos seus compañeiros para tantear o seu estado.


relacionada As entradas para o derbi saen á venda con mes e medio de antelación
relacionada Riazor despide o equipo cunha ovación a pesar de caer contra o Atlético

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress