Puigdemont expresa o seu desexo de que "España pase vergoña nos tribunais internacionais"

"Estamos ante un Estado que toleou, que non ten autocontrol nin límite", di o presidente cesado nunha entrevista radiofónica.


|

Puigdemont 5



O presidente da Generalitat cesado, Carles Puigdemont, asegurou que a causa aberta contra o seu Govern cesado a raíz do proceso independentista terminará ante instancias xudiciais internacionais: "Que ninguén teña ningunha dúbida: todo isto acabará nos tribunais internacionais porque temos todo o dereito de ir e iremos".


"Non será a primeira vez que España pase vergoña nos tribunais internacionais, xa lles pasou polas torturas do 92 e foi condenado", comparou nunha entrevista emitida este martes por Catalunya Ràdio.


Xustificou a viaxe de parte do Govern cesado por mor da causa aberta na Audiencia Nacional pola querela da Fiscalía Xeral do Estado, un proceso que ve desproporcionado: "Estamos ante un Estado que toleou, que non ten autocontrol nin límite".


Amplía esta información en Catalunyapress.


relacionada Os ex consellers e Puigdemont, desde Bélxica: "En España estariamos en prisión"
relacionada A xuíz ordena deter a Puigdemont e os catro ex conselleiros que seguen con el

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE